publicidade hoxe

Acondicionamento do entorno fonte do Mosteirón na Mourela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Acondicionamento en Mosteirón

Acondicionamento en Mosteirón

O Concello de Neda procedeu ao acondicionamento do entorno da fonte municipal do Mosteirón, ubicada na Mourela do Medio. A intervención contemplou o asfaltado da zona, mediante a aplicación dunha capa de rego asfáltico nunha superficie duns 80 metros cadrados. Así mesmo, levouse a cabo a limpeza e retirada de maleza no lugar. Nestes días, e a petición veciñal, o Concello colocará dous suxeitacolectores nesta mesma zona.

26 de marzo de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.