publicidade hoxe

Ábrese a inscrición para participar na carreira pedestre Batalla de Cacheiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O prazo de solicitudes para participar nesta carreira está aberto ata as 22.00 horas do 15 de abril para todas as categorías e debe realizarse, unicamente, mediante o formulario web que aparece vinculado desde a web municipal. Así mesmo, deste o lugar da inscrición tamén se pode visualizar o regulamento desta carreira.

A carreira absoluta terá un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros e nela participarán as categorías júnior, promesa, sénior e veterano. A saída desta proba será ás 12:10 horas. As categorías infantil, cadete e xuvenil cubrirán un circuíto de 3.500 metros. As carreiras comezarán coas categorías dos máis cativos. Os primeiros en tomar a saída serán os pitufos (nados no 2010 e posteriores) que correrán 200 metros. A continuación os prebenxamíns (nados no 2008 e 2009) cubrirán 500 metros, para seguir os benxamíns (nados no 2006 e 2007) que correrán 1.000 metros e pecharán esta parte os alevíns (nados nos anos 2004 e 2005) tamén con 1.000 metros.

A proba conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación de Santiago.

30 de marzo de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.