publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta entregou as chaves de dez vivendas de promoción pública en Carballeda de Avia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de AviaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregou hoxe aos seus adxudicatarios as chaves de dez vivendas de promoción pública no concello de Carballeda de Avia. Unha vivenda máis está xa adxudicada pendente de entrega de chaves.

A promoción componse de tres bloques de vivendas illados entre si, organizados linealmente ao longo da rúa Castelao, cunha orientación noreste-suroeste, co acceso principal pola fachada suroeste.

A distribución das vivendas é a seguinte:

• Dez vivendas contan con tres dormitorios.
• Unha vivenda, adaptada para persoas con mobilidade reducida, ten catro dormitorios.
• As superficies útiles varían entre os 85,99 m2 e os 105,60 m2.
• Todas contan con garaxe.

Todas as vivendas foron adxudicadas en réxime de alugueiro, con rendas mensuais que oscilan entre 130,84 e 178,99 euros mensuais, incluíndo rocho e garaxe.

O IGVS investiu nesta promoción preto de 1,1 millóns de euros. Todas as vivendas contan con equipos de enerxía solar que complementan á caldeira de gas para a produción de auga quente sanitaria e calefacción.

19 de marzo de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.