publicidade hoxe

A UTE de Servizo de Concellos Galegos e Celta Prix xestionará a recollida de residuos en Curtis, Sobrado e Vilasantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisSobradoVilasantar
A-
A+

A comisión mixta de seguimento do acordo de colaboración marco para a xestión compartida de recollida de residuos sólidos urbanos nos municipios de Curtis, Sobrado e Vilasantar propuxo, para a súa aprobación pola Xunta de Goberno, adxudicar este servizo á UTE formada por Celta Prix e Servizo dos Concellos Gallegos por un importe de 240.765 euros anuais durante o prazo de catro anos. A comisión mixta adoptou este acordo tras ver os informes da comisión técnica e o informe dos Servizos Xurídicos a Deputación da Coruña, o único que estaba pendente para a concesión definitiva da recollida de lixo.

A UTE destas dúas empresas gañou o concurso de licitación aberto a finais do 2014 ao presentar a oferta máis vantaxosa. A formalización contractual deberá esperar agora a ver se se presentan algún recurso especial en materia de contratación durante o prazo previsto por lei.

Melloras no servizo

O plan de xestión e as melloras presentadas pola adxudicataria repercutirán nunha maior calidade do servizo e nun aforro deste no prazo dun ano ao permitir reducir o número de toneladas de lixo que se envían a Sogama. Entre estas melloras para os tres municipios, destacan, entre outras, a recollida de papel e cartón a domicilio varios días á semana, a recollida de aceite usado e de roupa, coa instalación dos seus correspondentes colectores, o servizo de lazaría de animais abandonados, máis equipamentos e unha campaña de concienciación para unha correcta selección dos residuos.

Dende que comezou o proceso de licitación en maio de 2013, cando os concellos asinaron o primeiro convenio, todos os pasos foron aprobados polas distintas Corporacións e expostos ao público nos tres concellos sen que se presentase ningunha alegación.

11 de marzo de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.