publicidade hoxe

A soberina María Arias proclamouse campioa de España de Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
María Arias co equipo da selección

María Arias co equipo da selección

O Goberno local do Concello de Sober quere felicitar á moza soberina María Arias Rodríguez, de 19 anos de idade, quen acaba de proclamarse campioa de España de fútbol sala feminino xunto coa selección galega sub-21. María Arias é xogadora titular de primeira división desde hai cinco anos, cando fichou polo Cidade das Burgas de Ourense.

A moza é natural de Sober, en concreto os seus pais naceron en Bolmente e Neiras e, aínda que residen en Vigo, visitan a localidade con frecuencia. A deportista comezou no mundo do fútbol sala con só nove anos e con 12 competiu coa selección galega.

Anteriormente xa foi campioa de España na categoría de infantís, título que revalida agora coa sub-21.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deséxalle todos os éxitos á deportista e aproveita para convidala á asistir á XXXV Feira do Viño de Amandi para compartir o seu trunfo con todos e todas os veciños. “Así poderemos felicitala en persoa e poñela como exemplo do tesón e o traballo que temos en Sober”, conclúe.

13 de marzo de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.