publicidade hoxe

A música centra as propostas para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
 
Sábado 28 de marzo 19.30 h – Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo

APERTURA DA EXPOSICIÓN A MÚSICA DE RIANXO NA BELLE EPOQUE

Do 28 de marzo ao 19 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición A Música de Rianxo na Belle Epoque, organizada pola Aula de Cultura Musical da Uned Senior co asesoramento histórico de Xosé Comoxo e Xesús Santos e coa asesoría musical de Alejo Amoedo.

Os xoves 9 e 16 de abril, ás 18.00 horas, realizaranse visitas guiadas. 20.30 h – Auditorio de Rianxo

CONCERTO HISTÓRICO: A MÚSICA DE RIANXO NA BELLE EPOQUE
O concerto está organizado pola Aula de Cultura Musical da Galiza da Uned Senior de Rianxo e contará cun programa no que se interpretarán pezas do Rianxo daquela época. Participarán a Asociación Vai de Roda, Helena de Alfonso, Aida Saco, Isabel Rei Samartim, Aula de Guitarra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Banda e Coral da Escola de Música de Rianxo, Tero Rodríguez, Xosé Ducan, José Nine e a Aula a Uned Senior.

As entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

26 de marzo de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.