publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A inscripción para o I Slalom de Neda ábrese o 26 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNeda
A-
A+

Neda acollerá o domingo, 26 de abril, o I Slalom Real Vila de Neda. A proba inaugural do Campionato de Galicia de Slalom avanza con rumbo fixo e sen descanso cara a súa celebración. Así, dende a semana pasada, o regulamento particular da proba xa está aprobado e publicado pola Federación Galega de Automobilism, un dos pasos previos e necesarios para a obtención dos permisos e autorización da mesma.

O Slalom Real Vila de Neda abrirá as inscripcións na xornada do día 26 de marzo, xustamente un mes antes da celebración da proba e espérase unha alta participación ao tratarse do evento ideal non só para os seguidores do campionato galego da modalidade, senón tamén para todos aqueles que desexen probar o seu coche antes da celebración do Rallye de Narón. Fátima Ameneiro, presidenta do comité organizador, informou de que xa foron varios os pilotos que teñen amosado o seu interese pola proba e espera que sexa un gran éxito nunha poboación na que o mundo da competición sempre formou parte do ADN de moitos dos seus veciños.

A proba nedense terá o seu centro neurálxico no aparcadoiro da zona deportiva composta polo campo de fútbol e o pavillón deportivo municipal e dende aí se deseñará un circuito no que primará a habilidade e velocidade ao volante. O percorrido será moi espectacular e permitirá aos pilotos e afeccionados, disfrutar dunha nova proba de slalom que se unirá á inciada na tempada pasada en Moeche e á xa undécima edición da proba de Fene. Con estas tres competicións, o campionato centra a súa actividade na comarca ferrolana e a bo seguro, isto animará a moitos dos pilotos comarcais a decantarse por este campionato máis económico e moito máis próximo aos afeccionados.

18 de marzo de 2015 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.