publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil investiga as circunstancias da morte do párroco de Vilanova dos Infantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil abriu unha investigación en torno ás circunstancias que rodearon a morte do párroco de Vilanova dos Infantes dende había 44 anos, Adolfo Enríquez Méndez, o corpo do cal foi achado na súa casa ao lado do cemiterio por un veciño que o botara en falta.

Fontes da Garda Civil confirmaron a apertura desa investigación, mentres que o alcalde de Celanova (Ourense), José Luis Ferro, explicou que o veciño que atopou o corpo do párroco se alarmou ao ver “o pan colgado na porta do patio” e alertou á Garda Civil porque se decatou de que estaba “a casa revolvida”.

O rexedor confesou sentirse moi “doído” polo achado, pois tiña relación “persoal e próxima” co párroco, que participou “activamente” en colaboración co Concello “para as visitas turísticas de todos os interesados en coñecer esa pequena xoia que é a Virxe do Cristal”.

Nese sentido, detallou que o veciño que chamou á Garda Civil, lle explicou que viu o pan do día colgado na cancilla de entrada ao patio da casa rectoral na que vivía Enríquez. “Como levaban un tempo sin velo, un dos veciños entrou ao ver o pan, subiu á casa e atopouna revolvida e ao baixar, viu o corpo na planta baixa, onde tiña un palleiro, un almacén de apeiros e algúns animais domésticos”, relatou o rexedor.

Este párroco, segundo Ferro, “atendía a todo o mundo e axudaba aos máis necesitados”, ademais de ser impulsor da devoción a esa “imaxe da Virxe de moi pequenas dimensións, que levaba sempre no seu peto”.

Fontes policiais confirmaron a alerta dada polo veciño e explicaron que se abriu unha investigación, ademais de que espera a chegada da xuíza para o levantamento do corpo.

11 de marzo de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.