publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola de Hostalería de Rosende acolle unha xornada de maridaxe de viño de Amandi con pescada do pincho de Celeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober remata as actividades programadas con motivo do ‘Mes do Amandi’ cunha xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Pescada do Pincho de Celeiro. Na organización desta actividades colaboran a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, Puerto de Celerio S.A. e a Confraría de Pescadores de Celeiro.

A xornada comeza ás 12 do mediodía cunha visita ás instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias. Ás 12:30 horas farase a presentación aos alumnos e profesores da escola do produto Pescada do Pincho de Celeiro a cargo de varios membros da confraría de Pescadores de Celeiro.

Ás 13:30 horas profesores e alumnos participarán na elaboración dos pratos que conterán como ingredientes principais a Pescada do Pincho de Celeiro e o Viño de Amandi. A partir das 14:00 horas degustaranse os pratos elaborados maridados con Viño de Amandi.

Menú que se preparará para a ocasión:

Taco de pescada de Celeiro en salsa verde.

Pastel de pescada de Celeiro con maionesa de piparras e aire de encurtidos.

Pescada de Celeiro ao pil-pil de lima e cinsa de lura.

Pescada de Celeiro con emulsión de allada galega e caviar de pementos.

Pescada de Celeiro con chícharos e xamón.

Salpicón de pescada de Celeiro, manga e xermolos tenros.

24 de marzo de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.