publicidade hoxe

A Deputación apoia con 40.000 euros a mellora da contorna do edificio da Terraza de Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSada
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña vén de asinar estes días co alcalde de Sada, Ernesto Anido, un convenio de colaboración para financiar as obras de adecuación do aparcadoiro de taxis da contorna inmediata do edificio da Terraza.

As obras consisten na pavimentación e acondicionamento da parte traseira-sur e lateral-sur do emblemático edificio, así como o traslado da parada de taxis e a construción de beirarrúas arredor deste edificio modernista. A actuación, que inclúe tamén o pintado da zona dos taxis con espazo para 25 coches, seguirá a estética do paseo marítimo.

As beirarrúas terán un ancho de 3,50 metros e serán de formigón armado coloreado, co obxectivo de dar continuidade aos sendeiros peonís do paseo.

Para todo o proxecto, que vén completar anteriores actuacións do goberno local de Sada para “adecuar e poñer en valor o entorno dun edificio tan importante”, conta cun orzamento de 50.000 euros, dos cales  40.000 serán achegados pola institución provincial.

Tras a sinatura do acordo, o alcalde Ernesto Anido agradeceu a implicación da Deputación nesta obra, xa que, segundo explicou, “despois de moitos anos, somos nós os únicos que dende o goberno local nos preocupamos de mellorar a contorna do edificio da Terraza”. Anido engadiu que esta actuación, que conta co visto bo de Patrimonio, reforza as obras realizadas hai un ano co obxectivo de “humanizar” toda a zona.

9 de marzo de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.