publicidade hoxe

A biblioteca de Brión celebrará o Día Mundial do Teatro cunha actividade de animación para toda a familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A biblioteca municipal de Brión vai celebrar este venres 27 de marzo o Día Mundial do Teatro cunha actividade gratuíta de animación para toda a familia, especialmente dirixida a nenos e nenas de 3 anos en adiante. A partir das 17:30 horas, a compañía Polo Correo do Vento presentará “O misterio do pirata Benito Soto”, unha actividade subvencionada polo programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

“O misterio do pirata Benito Soto” é unha actividade de narración oral que mestura unha historia de misterios, homenaxeando a Conan Doyle, co patrimonio galego. Unha actividade que mestura a oralidade coa ilustración e que rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata. A actividade comezará ás 17:30 horas na biblioteca municipal de Brión e a entrada será de balde ata completar aforo. Con esta actividade, a biblioteca brionesa celebra o Día Mundial do Teatro, unha data conmemorativa creada en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (IIT).

23 de marzo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.