publicidade hoxe

Vila de Cruces informa das axudas por fillos menores a cargo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

Comunícase a tódalas persoas interesadas que está aberto o prazo das AXUDAS POR FILLOS MENORES A CARGO (ANO 2015).

PERSOAS BENEFICIARIAS DA PRESTACIÓN:

Aquelas con fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015, incluídos).

Aquelas que teñan fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014.

REQUISITOS:

SERÁN BENEFICIARIAS DESTA PRESTACIÓN AQUELAS PERSOAS QUE NON TEÑAN FEITA A DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2013

Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.

Que os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

O prazo de presentacion de solicitudes remata o vindeiro dia 14 de marzo de 2015.

As solicitudes presentaranse no departamento de Servizos Sociais do Concello e para máis información 986 59 26 16.

26 de febreiro de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.