publicidade hoxe

Uns 700 padexeiros participarán nas regatas amigables de Verducido esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Máis de setecentos padexeiros participarán o sábado e o domingo nas dúas regatas de carácter amigable que se disputarán a partir das 10.30 horas en Verducido e que contan coa organización da Federación Galega de Piragüismo. A distancia a percorrer será de cinco quilómetros para todas as categorías, salvo para a de canoa feminina que se disputará sobre a distancia de 3,5 quilómetros.

É a segunda proba que se disputará na actual tempada. A primeira tivo como escenario o río Lérez e contou cunha participación similar. O sábado, a partir das dez e media da mañá, competirán as categorías cadete, júnior, sénior e veteranos, tanto na modalidade de canoa como de kaiak individual, feminina e masculina. A última saída está prevista para as doce e media da mañá.

O domingo serán os infantís, tanto A e B, os protagonistas, tamén en K-1 e C-1. As canoistas percorrerán 3,5 quilómetros, e os restantes tamén terán que cubrir cinco quilómetros.

A Federación Galega de Piragüismo programa este tipo de actividades antes de que se inicie a tempada oficial de regatas que xa serán valedoiras para as distintas ligas que se poderán en marcha. Para a presente tempada realizaranse notables modificacións en relación co sistema anterior. As ligas serán máis competitivas e contarán con numerosos atractivos tanto para os deportistas coma para os clubs.

5 de febreiro de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.