publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha xoven tivo que ser trasladada en helicóptero tras ser atropelada en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelidePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha moza foi atropelada na tarde deste martes en Melide (A Coruña) e trasladada nun helicóptero medicalizado a Santiago debido ao seu estado, segundo informa o 112. O atropelo produciuse na saída do pobo en sentido á capital galega sobre as 17,00 horas, cando un particular avisou do accidente ao centro de atención ás emerxencias, que puxo os feitos en coñecemento da Policía Local e de Protección Civil.

Por outra parte, o 112 tamén apunta que houbo outros dous atropelos na mesma provincia coruñesa esta tarde, en Boiro, sobre as 17,30 horas, onde a vítima foi unha menor; e media hora antes en Rianxo, onde se deu un vehículo alcanzou un peón. En ambos os dous casos, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Médicas, segundo indica.

10 de febreiro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.