publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece en Vedra tras ser atropelada por un tren

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVedra
A-
A+
Europa Press

Unha muller de idade avanzada faleceu na mañá deste xoves ao ser atropelada por un tren de mercadorías á altura da estación de Santa Cruz de Ribadulla, no termo municipal de Vedra (A Coruña). Segundo os datos facilitados por fontes do 112 e de Renfe, o atropelo tivo lugar sobre as 11,42 horas deste xoves á altura da estación de Ribadulla, cando o convoi circulaba por un tramo de vía única.

Fontes de Renfe explicaron que foi un tren de mercadorías o que arrastrou esta persoa, tras o que quedou interrompido o tráfico ferroviario. Foi persoal do Centro de Seguridade de Renfe o que, segundo indicou o 112, alertou ao servizo de emerxencias do suceso, tras o que foron mobilizados o 061, Garda Civil, GES da Estrada e Protección Civil de Vedra.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada, o persoal da cal confirmou o falecemento in situ da persoa atropelada, unha muller de avanzada idade.

Renfe sinalou, ademais, que non está previsto que pase un tren pola zona na que quedou interrompido o tráfico ata as 15,00 horas aproximadamente.

26 de febreiro de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.