publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 69 persoas con discapacidade inseríronse con COGAMI na comarca de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaBarroCampo LameiroCotobadePoioPonte CaldelasPontevedraPontevedraVilaboa
A-
A+

O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) mantén durante o ano 2014 a porcentaxe de insercións na comarca de Pontevedra con respecto ao ano anterior. O equipo de orientación laboral que atende a persoas con discapacidade da oficina de Pontevedra logrou inserir laboralmente a 69 persoas e rexistrou 117 contratacións, o que, segundo a coordinadora do SIL, Mari Carmen Ínsua, supón un “incremento no número de contratacións pero estas son de peor calidade porque son de menor duración e cunha xornada reducida”.

No seguinte recadro, especifícanse as insercións por concellos da comarca.

Barro

Campo Lameiro

Cotobade

A Lama

Poio

Ponte Caldelas

Pontevedra

Vilaboa

TOTAL

1

1

2

1

7

7

47

3

69

O servizo reflicte un incremento de persoas interesadas en inscribirse na procura de emprego, que vén provocado pola perda dos seus postos de traballo. Cando chegan ao servizo, o orientador/a laboral, tras unha primeira toma de contacto para coñecer á persoa e, en función das súas capacidades e intereses, traza un itinerario que pode ser tanto formativo como de emprego.

Durante 2014 foron 218 persoas as interesadas en formar parte do Servizo de Intermediación Laboral, interesadas en ser encamiñadas por profesionais para poder atopar un emprego. Con estas novas incorporacións, o SIL de COGAMI conta cunha base de datos formada por 3.978 persoas na comarca, das que 1.041 son do concello de Pontevedra.

Unha das situacións coas que se atopa o equipo de orientación laboral de COGAMI é que as novas persoas usuarias chegan cun baixo nivel formativo de cualificación, dado que na maior parte dos casos as discapacidades son sobrevidas a determinadas idades e, polo tanto, é necesario orientar á persoa de cara a un proceso de reorientación laboral que pasaría pola formación encamiñada á busca de novas oportunidades laborais adaptadas ás novas esixencias do mercado.

Segundo isto, en 2014 dende COGAMI realizáronse 2 accións de técnicas de busca de emprego para facilitarlle ás 20 persoas que asistiron as ferramentas necesarias para a xestión do proceso na busca de emprego, que van dende deseñar o propio curriculum ata estar ao día nos motores de busca de ofertas de emprego. Tamén se impartiron 4 cursos de caixeiro/repoñedor, condutor CAP, operacións auxiliares e gravación de datos nos que participaron 52 persoas.

As funcións do orientador/a laboral son informar á persoa sobre o mercado de traballo, sobre as ofertas de emprego existentes, sobre as políticas dos servizos públicos de emprego e informar sobre formación de interese adaptada a cada persoa, ademais de contactar coas empresas para lograr captar ofertas de traballo e para sensibilizar ao empresariado na contratación de persoas con discapacidade. En 2014 contactouse con 62 empresas na comarca para dar a coñecer o servizo.

Unha das innovacións do SIL inicia en 2015 coa apertura dun perfil de Facebook (SIL COGAMI) no que se publicarán ofertas de emprego, convocatorias de interese, cursos, etc. e contestará aquelas dúbidas que poidan xurdir entre as persoas usuarias. O teléfono de contacto do SIL é 986 863 709 e o correo silpontevedra@cogami.es

3 de febreiro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.