publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario falece en San Cibrao das Viñas tras sufrir unha caída

Europa Press

Un operario faleceu este martes tras precipitarse dunha altura no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas (Ourense), segundo informou o CAE 112 Galicia. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado con base en Ourense, tras recibir unha alerta ás 16,16 horas. Tamén acudiron, entre outros, efectivos do GES de Pereiro de Aguiar, así como axentes da Garda Civil e Urxencias Médicas.

Por outra parte, en Culleredo (A Coruña), outro traballador resultou ferido tras sufrir tamén unha caída dende unha altura na Avenida da Coruña ás 15,17 horas, segundo indica o 112.

24 de febreiro de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.