publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trasladadas seis persoas por intoxicación de monóxido de carbono en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelidePortada dereitaSucesos
A-
A+

Seis persoas, unha delas en estado inconsciente, tiveron que ser trasladadas para recibir atención médica polos servizos de Urxencias Médicas ao resultar intoxicada por monóxido de carbono procedente dun braseiro situado nun domicilio particular de Melide, A Coruña.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso, que tivo lugar sobre as 18,00 horas foi provocado por un braseiro de carbón que os presentes, unhas nove persoas, utilizaron para facer unha barbacoa nun lugar con pouca ventilación, no que as medicións deste gas deron positivas.

Ao lugar acudiron os bombeiros do Parque Comarcal de Arzúa, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Melide, así como os servizos de Urxencias Médicas 061, que procederon a trasladar aos afectados ao hospital de referencia.

1 de febreiro de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.