publicidade hoxe

Teo solicita a fomento a mellora da seguridade viaria no paso de peóns nas Galanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo remitiu un escrito nos últimos días á Demarcación de Carreteras do Estado dependente do Ministerio de Fomento no que se solicita a mellora da seguridade viaria nun paso de peóns nas Galanas e no cruce do Espiño na N-550. Trátase dunha vía con alta densidade de tráfico que ten importantes eivas de seguridade sobre todo para os peóns.

Na carta, asinada polo alcalde de Teo, explícase que o paso de peóns situado na Travesía de Galanas nº 54 debería ter mellores medidas de seguridade e visibilidade para protexer aos peóns que o utilizan. Trátase dunha zona na que hai preto unha parada de autobús e en frente está o acceso á urbanizacion Campos de Mirabel, polo que este paso é moi utilizado. Ao escrito achégaselle un informe da policía local no que se constata que é un paso de peóns non moi respetado polos conductores e no que se presentan alternativas como a colocación dun semáfoto luminoso.

Dende o Concello tamén se lle lembra a Fomento que na mesma vía, na zona do cruce do Espiño, se pedía xa no 2013 a construción dunha rotonda como a mellor alternativa para regular o tráfico. Laméntase que despois do tempo transcorrido non se teña realizado esa proposta nin outras alternativas para mellorar a seguridade viaria.

10 de febreiro de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.