publicidade hoxe

Tapteo premia como mellor tapa o Maki Mix de Entroido do Canaletto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Maki Mix

Maki Mix

O xurado do concurso de tapas do entroido TapTeo decidiu premiar a tapa Maki Mix de entroido do Canaletto co distintivo da mellor tapa 2015. Este mesmo petisco tamén foi merecedor do premio do xurado ao mellor disfraz. Cunha apariencia de sushi o Canaletto propuxo para este concurso un maki-mix feito con grelo, pataca, fabas, puré de garbanzo, chourizo, xugo de carne, cacheira e lacón. Sen dúbida cumpría co requisito de lembrar o entroido, celebración coa que coincidiu o desenvolvemento do concurso de tapas.

O público tamén fixo a súa elección a través das valoracións nas papeletas que había en cada local e se depositaban en furna. O primeiro premio do público foi para a Delicia de Fol de A Capilla e o 2º premio para o Xurelo en disfraz de ibérico sobre callado de entroido do Restaurante A Videira. O premio do público á Calidade que se lle outorgaba a un establecemento foi para Casa Pernas.

Pola súa banda tamén se realizou o sorteo dos premios entre os clientes que selaron os pasaportes ou cubriron algunha papeleta. O primeiro premio, un abono anual na piscina climatizada da Ramallosa, foi para Manuel Francisco Salgado e o segundo, unha fin de semana nunha casa de turismo rural do noso Concello, tocoulle a Xiana Lastra. O terceiro premio é un televisor de 22 pulgadas e correspondeulle a Antonio Noya, o cuarto, unha cea para dúas persoas nalgún dos establecementos adheridos ao TapTeo, foi para Elena San Román e o quinto, unha cesta de produtos do mercado do alimento labrego foi para María José Ferreiro.

O concurso de tapas de entroido contou co patrocinio de Aquafit, Gadis e a adega Ponte da Boga.

24 de febreiro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.