publicidade hoxe

Soutomaior celebrará este sábado o tradicional desfile de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior celebra este sábado día 21 o seu tradicional desfile de Carnaval. A cota de inscrición completouse hai tempo garantindo a presenza das 14 comparsas que podían participar como máximo ademais da realizada polos nenos do concello que asisten ao taller de comparsas municipal.

Entre as comparsas participantes encóntranse as locais “Marchosas de Arcade”, “Miudos” e Moreira a tope e entre as foráneas poderanse presenciar ás de Tomiño,Pontesampaio,Vilaboa,Marín,etc. O tradicional desfile dará comezo ás 17:00 horas no cruce da avenida Xosé Solla coa rúa Calvario. Dende alí ata a Alameda Talo Río e a xornada rematará coa actuación do grupo Tres.com

Dende o Concello de Soutomaior infórmase que estarán pechadas ao tráfico a rúa Calvario e Avda. Xosé Solla dende as 16,45 ata as 19,00 horas e a rúa Rosalia Castro dende as 16,45 ata as 20,00 horas.

18 de febreiro de 2015 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.