publicidade hoxe

Sober elixe o miradoiro de Santiorxo para dar a coñecer a programación do ‘Mes do Amandi’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anuncia que o próximo sábado día 28 de febreiro se dará a coñecer no miradoiro de Santiorxo a programación do ‘Mes do Amandi’, os actos previos á XXXV Feira do Viño de Amandi que se celebrará o 28 e 29 de marzo na localidade. Tamén se ofrecerá un avance do programa da XXXV Feira.

O rexedor explica que cada ano se elixe para a presentación da Feira un lugar emblemático do Concello, non só pola súa relación co mundo vitivinícola, senón tamén polo seu potencial turístico.

No acto tamén se dará a coñecer o cartel anunciador da feira, obra da monfortina Andrea Rodríguez López.

Ao acto asistirá a Corporación de Sober, a delegada da Xunta en Lugo, a soberina Raquel Arias, así como os colleiteiros de Amandi que van participar na Feira. Tamén asistirá a autora do cartel gañador co que o Goberno local promocionará o evento.

24 de febreiro de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.