publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Semana lúdica en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Este luns 2 de febreiro ás 18 h no Salón de Plenos do Concello de Vedra preséntase o programa “Un paso +”; un programa de dinamización do emprego e mellora das empresas locais. Mentres, as actividades para a fin de semana estarán dirixidas ao lecer coas Festas do San Blas en San Mamede de Ribadulla. O sábado 7 de febreiro sesión vermú e verbena coa charanga BB+ e Chicas Show e o domingo 8 de febreiro sesión vermú coas bandas de música de Teo e Santa Cruz de Ribadulla. Así mesmo, darán comezo os entroidos que terán a súa primeira cita en Vilanova este domingo 8 de febreiro.

2 de febreiro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.