publicidade hoxe

Recollida de tapóns en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo coloca nas súas dependencias municipais un punto de recollida de tapóns para Candela, que é unha pequena nena de 5 anos que vive en Pontevedra que padece encefalopatía hipotónica e hipoacusia neurosensorial.

De todas as cores e tamaños, chegan ás plantas de reciclaxe enviados dende diferentes puntos de España, pero cun mesmo propósito: recadar fondos para poñer fin a unha enfermidade. Os tapóns de plástico convertéronse nun emblema de solidariedade, en fraccións de esperanza que, amontoadas en sacos, abren portas cara á sanación. Falamos cos pais de varios nenos que buscan, custe o que custe, unha cura para os seus fillos. Son pais coraxe. Deses que teñen vontade de ferro e que son incapaces de quedar de brazos cruzados ante a inxustiza dun azar que fixo que os seus fillos pasasen máis horas nos hospitais que nos parques. Pais que non se renden e que encontraron na recollida de tapóns unha forma de financiar os tratamentos e as investigacións ás que non chega a Administración.

25 de febreiro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.