publicidade hoxe

Quedada fotográfica na Igrexa e Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

Cando alguén escoita pronunciar o nome de Celanova, é fácil que como elemento identificativo lle veña á cabeza o conxunto monacal dende a perspectiva da alongada fachada coa que o edificio ocupa toda a cara leste da Praza Maior. Sen embargo, a nada que un se adentra no edificio e comeza a fixarse nos detalles, de pronto emerxe en cada recanto un universo espectacular ateigado de rostros humanos e non humanos, rostros oníricos e reais, santos e anxelotes, que dan a verdadeira mostra da grandeza artística que o mosteiro de San Rosendo alberga no seu interior.

O obxectivo desta “quedada” fotográfica non é outro, pois, có de contemplar esa inmensa riqueza artística dende unha perspectiva de detalle, procurando a mellor expresión a través de todos eses rostros que escenifican tódolos estados posibles do ser humano.

Lugar e hora: Estar o sábado, 28 de febreiro, ás 12,00 horas no Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo de Celanova

Qué fotografiar: Rostros de retablos, medallóns, coros, etc., na Igrexa, claustro procesional e coro alto

Qué levar: Cámara, por suposto, recomendable con trípode

Contactar con: Antonio Piñeiro. Tfno: 629.829.089

Para inscribirse: Non é imprescindible inscribirse, aínda que por cuestións organizativas recomendamos enviar un correo electrónico, antes do 27 de febreiro ás 14,00 horas, ó enderezo cultura@concellodecelanova.com indicando nome e apelidos e no asunto “quedada fotográfica Rostros”

Unha vez rematada a quedada, cada participante recibirá un vale que lle dará dereito á participar na degustación de cervexa artesá e galeguesas na carpa da I Feira Cultural da Cervexa Artesá que estará montada na Praza Maior

BASES DE PARTICIPACIÓN

A) Entre os días 1 e 15 de marzo, cada concursante deberá colgar de forma individual (non en álbum), no facebook “”, todas aquelas fotografías coas que desexe participar no concurso

B) O 15 de abril realizarase un reconto de tódolos “me gusta” que teñen as fotografías ese día, resultando gañadora aquela que conte con máis indicacións nese sentido. Tanto esa fotografía gañadora como as 23 imaxes seguintes formarán parte dunha exposición que será organizada no transcurso da programación cultural do verán

C) O premio para a fotografía gañadora constará dun paquete de fin de semana cun experto fotógrafo nunha casa de turismo rural na península.

25 de febreiro de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.