publicidade hoxe

Pazos de Borbén convoca un novo curso de manexo de carretas elevadoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén convocou un novo curso formativo destinado a maiores de 16 anos. Trátase dun ciclo de operador de carretas elevadoras, totalmente adaptado á norma UNE 58451,co que o Concello pretende facilitar aos seus veciños e veciñas a oportunidade de actualizar o seu perfil profesional ademais de potenciar o seu acceso ao empleo. A imposibilidade de financiar completamente todos os cursos provocou que o Concello tivese que xestionar a súa realización a un prezo reducido de 60 euros.

Trátase dun dos ciclos formativos máis demandados na bisbarra xa que esta acreditación é necesaria para traballar en empresas da construción ou para xestionar todo tipo de almacéns. Ademais dos procedementos básicos para acender ou apagar a carreta elevadora, o temario a estudar inclúe toda unha serie de medidas de seguridade a observar á hora de amorear convenientemente a carga e circular por instalacións fabrís ao realizar este perigoso e preciso traballo.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. Tanto o horario coma o lugar das clases determinaranse despois de pechar o prazo de inscrición para facilitar a asistencia de todos os participantes.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, declarou que “con estas iniciativas seguimos apostando por poñer ao alcance dos nosos veciños as ferramentas para mellorar o seu acceso ao mercado laboral”.

Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

4 de febreiro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.