publicidade hoxe

Os veciños da Baña xa poden realizar as acometidas individuais á rede xeral para desaguar na nova EDAR de Corneira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña comunicou aos veciños da parroquia de Corneira que xa poden realizar as acometidas individuais á rede xeral para desaguar na nova EDAR de Corneira. O propio Concello da Baña recibiu autorización de Aguas de Galicia para a execución destas acometidas ao tempo que confirmaou a finais do pasado mes de xaneiro que as obras desta nova infraestructura “están completamente rematadas”. Una vez feitas as acometidas individuais procederase a iniciar o periodo de garantía de actuación a pleno rendemento unha feita tamén a recepción definitiva da obra.

O Concello da Baña informa aos veciños a través dunha misiva firmada polo alcalde José Andrés García remitida o pasado 26 de xaneiro que “nestes días pasarán polos domicilios operarios da empresa adxudicataria da obra para realizar a conexión das acometidas”.

O alcalde da Baña tamén aproveita para “pedir desculpas polo retraso, alleo á vontade do Concello, na realización da obra EDAR de Corneira”. José Andrés García Cardeso explica que o proxecto demorou a causa de que a primeira empresa encargada do proxecto, Construcciones Mon, entrou en concurso de acreedores. “Tardouse máis da conta en resolver o expediente administrativo para continuar coa obra”. Unha vez solventado o problema, os traballos das obras comenzaron o 1 de setembro cun prazo de execución de tres meses. “A finais de ano estaban o 90% dos traballos rematados e faltaban unhas pequenas cousas que facer que acabaron a finais de xaneiro”.

O rexidor informa que o 21 de xaneiro visitou o proxecto e comprobou que as obras “están completamente rematadas”. Desexa que a EDAR sexa do agrado dos veciños e que poidan aproveitar esta infraestructura.

3 de febreiro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.