publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os pequenos de Val do Dubra atopan o tesouro no obradoiro do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+
Busca do tesouro

Busca do tesouro

Nenos e nenas de Val do Dubra que hoxe participaron no obradoiro temático sobre o entroido organizado polo Concello de Val do Dubra conseguiron atopar o tesouro. Os máis pequenos elaboraron os seus propios disfraces durante toda a mañán na Casa da Cultura. Ao remate poideron disfrazarse cos traxes elaborados por eles mesmos. Como indicaron as monitoras: “O grupo dos sanguinarios conseguiu arrebatarlle o tesouro aos quebrantaosos”. “Iso sí, para abrilo necesitaron da súa axuda e todos xuntos degustaron os productos que dentro estaban: filloas, rosquillas e chupalandrias”.Xa mañán, martes de carnaval, día 17 de febreiro, haberá un baile infantil y concurso de disfraces dende as 17.00 horas. No Pavillón municipal de Deportes de Bembibre instalaranse inchables y haberá animación e baile. O Concello de Val do Dubra anuncia “moitas sorpresas”.

16 de febreiro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.