publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os maiores de Vilalba, Chantada e Guitiriz descobren o uso das TIC para o coidado da saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaGuitirizLugoVilalba
A-
A+

Veciños de Vilalba, Chantada e Guitiriz participan este luns en dous dos programas gratuítos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a maiores de 55 anos, que ten en marcha a Deputación nos Concellos da provincia, a través da Fundación TIC, para fomentar o envellecemento activo. Trátanse de Camiña coas TIC, que promove o exercicio físico, e Nutretic, que fomenta hábitos alimenticios saudables. Son iniciativas financiadas nun 80% por fondos europeos do Innova-TE2.

Ás 11:00 horas, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, manterá un encontro con maiores de Vilalba que descobren hoxe o Camiña coas TIC. Ás 16:00 horas, Polín visitará aos participantes en Guitiriz desta mesma programación.

Camiña coas TIC fomenta o exercicio físico mediante o emprego de aplicacións en dispositivos táctiles, como o compás, podómetro, contador de calorías ou mesmo a través de buscadores de rutas, entre outros. Son un mínimo de 10 as persoas que participan en cada obradoiro, que contan co apoio de dous monitores.

Nutretic en Chantada

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, manterá un encontro, ás 16:00 horas, en Chantada, cos participantes en Nutretic. A finalidade desta programación é fomentar hábitos saudables co emprego das TIC. Os veciños desta localidade do sur lugués aprenderán a clasificar os alimentos ou coñecerán tipos de dieta, coa axuda de dispositivos móbiles. Ademais, farán a súa compra por Internet, crearán un video-recetario ou compartirán as súas experiencias no Nutretic nun blogs.

23 de febreiro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.