publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os concellos de Miño, Paderne e Pontedeume solicitan un obradoiro de emprego conxunto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaMiñoPadernePontedeume
A-
A+
Reunión dos alcaldes de Miño, Paderne e Pontedeume

Reunión dos alcaldes de Miño, Paderne e Pontedeume

O alcalde de Paderne, Cesar Longo Queijo, o de Pontedeume, Gabriel Torrente Piñeiro e o alcalde de Miño, como promotor da iniciativa, Jesús Veiga Sabín, solicitarán conxuntamente ante a Conselleria de Traballo e Benestar unha subvención de  256.477 euros para a posta en marcha dunha nova edición dos obradoiros de emprego, centrando á petición á Conselleria en dous módulos, o de atención sociosanitaria de personas a domicilio e o de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais que se impartirían a un total de 30 alumnos (15 alumnos por especialidade) dos tres municipios. O importe total do obradoiro de emprego ascende a un total de 264.000 euros.

Este novo obradoiro que se solicita tería, no caso de ser concedido pola Administración autonómica, unha duración de seis meses e o obxectivo do curso é preparar a una trintena de alumnos-traballadores para que aprendan a axudar nas casas a persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social, aplicando as estratexias e procedementos mais axeitados para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa súa contorna. Os alumnos-traballadores que participasen neste obradoiro de emprego  estarían capacitados para desempeñar postos de traballo como auxiliar de axuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria ou coidador de persoas maiores, discapacitadas, ou convalecentes no domicilio. No caso dos 15 alumnos da modalidade de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, serviralles para aprender técnicas profesionais precisas para levar a cabo o coidado das persoas dependentes con especiais necesidades de saúde física, psíquica o sensorial que estean en institucións sociais. Co obradoiro, ademais de proporcionar traballo e formación aos alumnos, habería que sumar todo o persoal contratado para dar formación nestas especialidades de atención sociosanitaria.

11 de febreiro de 2015 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.