publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O relixioso detido por supostos abusos a unha menor está en xaxún voluntario

Europa Press

O relixioso detido en Lugo por supostos abusos sexuais a unha menor de 17 anos e a un discapacitado está en “xaxún voluntario” e encóntrase “mal de ánimo” pola súa situación, que lle está “a afectar moito”. Así o manifestaron este venres fontes da súa defensa, que se reuniron durante a tarde co relixioso franciscano para coñecer o seu estado, despois das informacións que apuntaban a que podería ter comezado unha folga de fame.

Segundo manifestou o propio relixioso, “non se encontra en folga de fame”, senón en “xaxún voluntario”, unha situación que pretende, polo momento, manter no tempo. Sobre esta cuestión, a súa defensa trasladoulle a súa intención de “convencelo para que abandone o xaxún ou, pola contra, solicitará ao xuíz “que o alimente”.

En relación á súa situación, o relixioso encóntrase “mal de ánimo” e “moi afectado” polas noticias sobre o que pode ler nos medios. Ao mesmo tempo, trasladou a súa defensa que se encontra moi afectado por “fallarlle á orde” coa ruptura do seu celibato

Foi o pasado luns, tras a denuncia dun particular, cando se produciu o arresto por parte de axentes da Garda Civil do relixioso, residente na comunidade franciscana de Pedrafita do Cebreiro. Ao relixioso interviñéronselle dispositivos electrónicos, móbiles e ordenador, nos que se descubriron arquivos multimedia, entre os que se inclúen imaxes nas que aparece o relixioso cunha menor mantendo relacións sexuais.

RECURSO

A defensa do relixioso confirmou que a próxima semana presentará un recurso de apelación á medida de prisión comunicada e sen fianza decretada polo xulgado para o relixioso tras pasar a disposición xudicial.

Neste recurso, a defensa alegará que non está demostrado” que houbese abusos sexuais a un mozo minusválido duns 20 anos e defendendo que as relacións coa rapaza de 17 anos “foron consentidas”.

Ademais, a defensa do relixioso comentou que tamén pedirán á comunidade franciscana “se hai posibilidade” de que o acollan noutro destino que non sexa o do Cebreiro para seguir prestando o seu labor, onde residía ata o seu arresto o pasado luns.

27 de febreiro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.