publicidade hoxe

O PSdeG-PSOE de Miño suma un novo concelleiro ao tomar posesión da súa acta Agustín Sanz Cancil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Agustín Sanz

Agustín Sanz

O Grupo Municipal Socialista de Miño contará dende mañá, martes 24 de febreiro, cun novo membro nas súas filas. Trátase de Agustín Sanz Horcajo, que concorreu aos anteriores comicios no número sete da lista do PSdeG-PSOE. Sanz tomará posesión en pleno da súa acta como concelleiro socialista. Deste modo, a formación que lidera Manuel V. Faraldo contará cos seis concelleiros que lle asignaron os resultados das anteriores eleccións municipais, constituíndo o único grupo da oposición, fronte aos sete edís que atesoura o Partido Popular.

Manuel V. Faraldo, voceiro e candidato á alcaldía de Miño polo PSdeG-PSOE, celebra a incorporación ao Grupo Municipal Socialista de alguén a quen considera “un compañeiro de total confianza, que achegará traballo, entrega e o seu punto de vista técnico ao equipo”. Serio, traballador e leal, Agustín Sanz Horcajo leva anos participando na vida política municipal de Miño, pero dende mañá, martes 24 de febreiro, poderao facer dun modo máis activo ao exercer como concelleiro.

Entre outras calidades, Agustín Sanz Horcajo achegará a súa ampla experiencia profesional como técnico de custos de obra civil. O sexto edil socialista é Mestre Industrial e conta con 35 anos de traxectoria laboral neste campo.

23 de febreiro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.