publicidade hoxe

O presidente da Fegamp apoia as reivindicacións realizadas polo rexedor de Oza-Cesuras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+
Europa Press

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o popular José Manuel Rey Varela, mostrou este luns o seu “total apoio” ao alcalde do municipio coruñés de Oza-Cesuras, tamén do PP, nas reclamacións que o rexedor comezou hai uns días e se comprometeu a trasladar a súa demanda ao Ministerio de Hacienda.

O rexedor de Oza-Cesuras colocou varias pancartas reivindicativas, tanto na casa consistorial coma en varias pontes sobre a autovía A-6, para que se outorgue a esta localidade as axudas comprometidas por parte do Executivo que preside Mariano Rajoy, segundo consta na Lei de Racionalidade e Sostenibilidad de la Administración Local.

Rey Varela afirmou, en declaracións aos medios, que “é imprescindible que se poidan aplicar con carácter retroactivo os incentivos ás fusións”, ao tempo que recordou que a unión dos municipios de Oza e Cesuras se fraguou antes da aprobación da nova normativa e que, por iso, entenden “que non pode ser prexudicado, por adiantarse ao obxectivo que se formulaba por aquel entón dende o goberno de España”.

O tamén rexedor de Ferrol quixo trasladar ao seu homólogo todo o “asesoramento e apoio da Fegamp” e subliñou, ademais, que non lle “consta” a existencia de ningún tipo de conversa entre ambas as dúas partes, Concello e Ministerio de Hacienda, comprometéndose “a impulsar esa comunicación, para que lle poida chegar ministro”. “Tal e como é a nosa obriga como representantes dos concellos galegos”, concluíu.

2 de febreiro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.