publicidade hoxe

O obradoiro de emprego conxunto de Vilamartín de Valdeorras, Larouco, Petín e A Rúa formou a 20 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLaroucoLocal PortadaOurensePetínVilamartín de Valdeorras
A-
A+
Clausura do obradoiro de xardinería

Clausura do obradoiro de xardinería

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Emprende” posto en marcha o pasado mes de agosto e no que participaron 20 desempregados como alumnos de xardinería, procedentes dos concellos de Vilamartín, Larouco, Petín e A Rúa. No acto tamén estiveron presentes os rexedores dos catro concellos participantes nesta iniciativa Mª Jesús Candal, Joaquín Prieto, Miguel Bautista e Avelino García, respectivamente.

Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos recuperaron e acondicionaron no concello da Rúa a zona do parque infantil en Somoza e a súa contorna, os arredores da capela de Vilela, o parque municipal de Fonte e O Xestal.En Petín os alumnos deste obradoiro recuperaron as contornas dos centros sociais de Mones y Carballal, amais de acondicionar o espazo do antigo vertedoiro de Santa María. Polo que respecta ao concello de Vilamartín de Valdeorras, traballouse na zona das piscinas municipias e a zona do Bañadoiro. Por último, os desempregados que participaron neste programa mixto de formación e emprego executaron labores de xardinería na Aula de Natureza existente en Freixido, pertencente ao concello de Larouco. No obradoiro de emprego “Emprende” a Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 178.000 euros.

13 obradoiros na provincia

Dende o mes de agosto se están a desenvolver na provincia de Ourense 13 obradoiros de emprego nos que se agrupan 40 concellos e que benefician a un total de 339 persoas desempregadas: 263 alumnos e alumnas e 79 persoas como persoal directivo, docente e administrativo.

O departamento autonómico que dirixe Beatriz Mato destinou a estes programas preto de 2,3 millóns de euros. “Este esforzo enmárcase na aposta do Goberno galego por mellorar a calidade de vida e benestar das persoas sen emprego e para incrementar as súas oportunidades de acceder a un posto laboral”, apuntou Rogelio Martínez.

Neste senso, o delegado territorial lembrou que os alumnos reciben hoxe os seus certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, segundo destacou Martínez.

11 de febreiro de 2015 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.