publicidade hoxe

O Igape destaca a aposta de Texas Controls pola mellora da súa competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+
Javier Aguilera en Bergondo

Javier Aguilera en Bergondo

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe o compromiso da empresa coruñesa Texas Controls para impulsar a súa competitividade e consolidar a súa presenza en mercados internacionais apoiándose nas liñas de apoio e na implantación de servizos avanzados como os ofrecidos pola Consellería de Economía e Industria a través do programa ReAcciona.

Durante o encontro de traballo desenvolvido na sede central da compañía en Bergondo, Aguilera Navarro salientou o esforzo pola mellora continuada de Texas Controls, especializada na prestación de servizos tecnolóxicos á industria, en ámbitos como a instrumentación, repostos, equipamento ou aparellos para garantir o selado de unións.

Texas Controls, que conta tamén con sedes en Tarragona e Madrid, e con oficinas comerciais en México e Brasil e é un dos principais provedores no ámbito da prospección en enerxía eólica, acolleuse á primeira edición do programa Reacciona para implantar servizos avanzados de mellora da produción e da cadea loxística. Tamén está a participar na nova edición do programa que acaba de lanzar o Igape, co obxectivo de seguir medrando e mellorando a súa competitividade e prestar, deste xeito, mellores servizos técnolóxicos á industria.

Entre os servizos avanzados ofertados polo programa Reacciona do Igape, os máis demandados polas pemes galegas son os centrados no relanzamento comercial, os de profesionalización da produción, os destinados a introducir cambios nos procesos de xestión ou a redefinir unha parte do negocio. O Igape ven de activar de novo este programa pioneiro en Galicia para seguir apoiando ás pemes galegas nos seus procesos de mellora da competitividade.

O Programa Reacciona facilita servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano das empresas, para procurar que as melloras teñan carácter permanente. Os servizos prestados a través deste programa están dirixidos polo Igape, que conta coa colaboración de expertos destacados nos principais ámbitos de xestión empresarial; e ao tempo, o Instituto facilita a colaboración de novos titulados que, como bolseiros, se especializan e adquiren experiencia durante os procesos apoiados.

26 de febreiro de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.