publicidade hoxe

O edil de Urbansmo comparece no pleno de Teo para falar dunha sentenza sobre o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 26 de febreiro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

Un dos puntos da sesión será a comparecencia do concelleiro de Urbanismo Rafael Sisto en relación a unha sentenza do Tribunal Supremo sobre o PXOM de Teo. Na sesión tamén se votará unha moción do BNG que demanda un plan de emprego feminino.

A orde do día ten os seguintes puntos:

– Aprobación das acta das sesión do 29/01/2015.
– Dar conta das resolucións da alcaldía (da 75/15 á 136/15).
– Dar conta do informe de tesourería e intervención relativo ó cumprimento dos prazos de pago de operacións comerciais 4º trimestre de 2014.
– Comparecencia diante do pleno do Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidadá D. Rafael Sisto Edreira, en relación coa sentenza do tribunal supremo sobre o PXOM de Teo.
– Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da compatibilidade do policía local, D. Jesús Manuel Fernández Caamaño.
– Ditame da moción do grupo municipal do BNG para demandar un plan de emprego feminino.
– Mocións.
– Rogos e preguntas.

25 de febreiro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.