publicidade hoxe

O DOG publica a licitación das obras de mellora de saneamento en Couso de Salas, Porqueirós e Mougueimes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuíños
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras melloras de abastecemento no Concello ourensán de Muiños, concretamente nos lugares de en Couso de Salas, Porqueirós e Mugueimes, que conta cun investimento de case 113.000 euros e un prazo de execución de tres meses. A data límite de presentación de ofertas é o vindeiro 27 de marzo.

O obxectivo principal deste proxecto é definir e valorar unha serie de accións co fin de aumentar os recursos de auga dispoñibles e mellorar a rede de abastecemento en tres lugares do concello de Muíños. Así, en Couso de Salas realizarase unha captación de auga nun manancial próximo, para aumentar a capacidade do depósito de abastecemento; e en Porqueirós definirase unha captación de auga e a súa conexión á rede existente coa finalidade de aumentar as reservas de auga de abastecemento.

Por outra banda, en Mugueimes definirase unha actuación de reposición da condución en mal estado de conservación e unha nova condución que abastecerá a parte do núcleo co obxecto de renovar a rede e ampliar esta nas zonas onde sexa necesario.

Por elo, no primeiro núcleo, o trazado iniciase na arqueta de captación proxectada, situada a cota 867,61 metros. Desde este punto impúlsase a auga mediante unha bomba somerxible, nunha lonxitude de 445 metros ata chegar ao depósito existente de Couso de Salas, situado a cota 921,15 m. Co fin de proporcionar corrente eléctrica ao bombeo instalarase dende a rede xeral ao núcleo unha condución duns 550 m.

No caso de Porqueirós, o camiño comeza en dúas gabias de drenaxe situadas no manancial existente. A partir destas, recóllese a auga nunha arqueta de captación situada na cota 927 m. Desde este punto parte unha condución Cunha lonxitude duns 600 m que transporta a auga ata conectar coa rede de abastecemento existente nunha arqueta de reunión, situada a cota 878,4 metros.

Por último, en Mugueimes, a primeira das conducións ten como obxecto e repoñer a existente en mal estado de conservación, parte dende o novo depósito, situado a cota 692 m, e discorre polo foxo da estrada OU-1205 ata chegar ó segundo depósito existente, situado a cota 657,20 m.

Esta condución ten unha lonxitude duns 500 m e , da segunda das conducións, parte do novo depósito existente situado a cota 692 m e discorre en gran parte do seu trazado polo foxo da estrada local OU-1205 ata chegar o Camiño de Moreira a través dunha tubaxe cunha lonxitude duns 1100 m.
 

25 de febreiro de 2015 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.