publicidade hoxe

O Concello de Teo acondiciona unha zona de aparcamento no exterior da escola infantil de Calo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo vén de acondicionar unha zona para aparcamento no exterior da escola infantil municipal de Calo. O centro está nunha finca municipal na que as condicións durante os meses de inverno no eran as máis axeitadas. Desta maneira aténdese unha demanda reiterada dos/as pais e nais que levan aos nenos/as ao centro infantil para poder aparcar en boas condicións.

A zona, que está no lateral do centro e moi preto da entrada está asfaltada con aglomerado en quente e supuxo un investimento económico con fondos propios municipais de ó redor de 7.000 euros. Esta aparcamento está moi preto do pavillón municipal, do cemiterio de Calo e do propio CEIP da Igrexa-Calo, polo que se entende que vai dar un servizo importante a máis persoas ca os/as usuarios/as da escola infantil municipal.

Neste momento xa está rematado o traballo no firme e están marcadas as prazas que se pintarán nestes días. Segundo os servizos técnicos quedarán habilitadas algo máis de vinte prazas de aparcamento. Dende o Departamento de Benestar, o edil Ignacio Iglesias, destaca que “este investimento vén a mellorar notablemente o acceso ao centro” e adianta que “nas próximas semanas tamén se fará o pintando exterior do edificio educativo”.

Coincidindo co acondicionamento desta zona tamén se arranxou algún desperfecto nalgunha vía cercana, concretamente na estrada que vai por detrás do campo de fútbol de Calo, que polo nacemento de auga na zona tiña algún bache que precisaba do seu amaño.

17 de febreiro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.