publicidade hoxe

O Concello de Neda executará nos vindeiros días obras de mellora da seguridade vial, saneamento e pavimentación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O concelleiro de Obras, Roberto Rey, avanzou esta mañá na comisión municipal de área algunhas das actuacións máis inmediatas que levará a cabo o seu departamento con fondos propios. Así, entre elas, dúas intervencións de mellora da seguridade vial na Mourela de Abaixo e na Mourela de Medio. No primeiro caso, e por deterioro do actual, construiráse un novo muro de bloque e reforzaráse outro de contención existente na citada estrada. No segundo, retiraráse un muro de mampostería e procederáse á construcción dun novo.

Doutra banda, o edil apuntou que se realizarán obras de saneamento en A Gandarela, na parroquia do Roxal, que permitirán conectar unha vivenda que carecía do servizo tras levar o saneamento á zona. Os operarios tamén levarán a cabo traballos de canalización de aguas e colocación de tubería nun treito de 20 metros e reparación do firme no lugar de Vila, parroquia de Anca. De igual xeito, aínda que no Puntal de Abaixo, tamén se procederá á realización de obras de recollida de pluviais. E, por último, o Concello pavimentará, con triple rego asfáltico, o entorno da fonte pública da Mourela do Medio e ubicará tamén suxeitacolectores.

26 de febreiro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.