publicidade hoxe

O Concello de Malpica paga aos seus provedores nun período medio de 15 días

A boa xestión económica do goberno municipal de Malpica de Bergantiños segue dando froitos. Segundo o informe do servizo de Intervención Municipal correspondente ao cuarto trimestre do ano 2014, o período medio de pago a provedores do Concello de Malpica foi de 15,09 días. En cumprimento do establecido na Disposición adicional primeira da Lei Orgánica 9/2013 de Control da Débeda Comercial, o Concello de Malpica fai públicos os datos correspondentes ao período comprendido entre outubro e decembro, ambos incluídos, do ano 2014.

O período medio de pago a provedores séguese reducindo. No trimestre anterior fora de 22,40 días, o que supón una redución de 7,31 días. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, manifestou que estes datos poñen de relevo que o goberno municipal de Malpica “está a facer ben as cousas”, pois conseguiu reducir a débeda municipal e cumprir cos provedores sen que ilo supuxera merma algunha na prestación de servizos aos cidadáns, senón todo o contrario.

3 de febreiro de 2015 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.