publicidade hoxe

O Concello de Cedeira executa a construcción dunha rampa para mellorar a accesibilidade ao parque do Sagrado Corazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+
Traballos para mellorar a accesibilidade

Traballos para mellorar a accesibilidade

Mellorar a accesibilidade á praza do Sagrado Corazón, un dos espazos máis céntricos e punto de encontro da veciñanza, é o principal obxectivo dos traballos que, na actualidade, está a executar o Concello de Cedeira. O edil de Obras, Alfredo Vilela, explicou que operarios municipais están a construir unha rampa de acceso na parte máis próxima á praia da Magdalena.

Así, se as condicións climatolóxicas permiten o traballo da cuadrilla municipal, as obras poderían estar concluídas a próxima semana, engadiu o concelleiro. A iniciativa, subraia, enmárcase no compromiso do goberno municipal por favorecer a mobilidade de persoas con diversidade funcional e tamén dos maiores.

5 de febreiro de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.