publicidade hoxe

O Concello de Cedeira constrúe no barrio de Crónicas novas beirarrúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mañá de que a Concellería de Obras está na actualidade executando a construcción de novas beirarrúas no barrio de Crónicas, na zona vella do municipio. Os traballos corren por conta de operarios municipais e deron comezo a principios desta mesma semana coa demolición das beirarrúas máis deterioradas.

Nesta liña, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, explicou que se actuará nun treito de 150 metros de beirarrúa, coa demolición daquelas que estén en peor estado e a reparación dos tramos que só precisen un amaño puntual. Así mesmo, colocaránse novos sumidoiros e, onde se faga necesario, procederáse ao rebaixe dos bordillos para mellorar as condicións de accesibilidade. A actuación completaráse coa colocación de novo mobiliario urbano como bancos ou papeleiras.

Así mesmo, o alcalde avanzou tamén a intención do goberno municipal de mellorar a iluminación no barrio coa sustitución de lámpadas por outras de baixo consumo. Un proxecto que prevé executar con cargo aos fondos do Plan de Compensación Ambiental.

26 de febreiro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.