publicidade hoxe

O comercio de Viveiro lanza a campaña de San Valentín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de mañá 7 de Febreiro a campaña de San Valentin 2015. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 10 ó 12 de abril.

O xeito de participar é moi sinxelo, o sábado 14 de Febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20:30 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 15€. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser dende o sábado 7 de febreiro ata o sábado 14 de febreiro.

O sorteo realizarase o luns 16 de Febreiro ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación. Comunicaraselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.

Con esta campaña, a asociación de comerciantes aposta unha vez máis por premiar a fidelidade dos seus clientes, cun agasallo moi especial para estas datas.

As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Tuenti.

6 de febreiro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.