publicidade hoxe

O Centro Comercial Urbano de Sarria inicia a campaña de San Valentín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

Comeza a Campaña de San Valentín dende o Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES. A devandita campaña de dinamización estará en vigor dende mañá día 4 de febreiro ata o día de San Valentín. Este ano sortearan tres ceas para dúas persoas en negocios de hostalaría pertencentes á ACES-CCU, entre os clientes do Centro Comercial Urbano, e polas compras realizadas ata o día dos namorados. As ceas serán no Hotel Alfonso IX, Restaurante O ´ Descanso e Restaurante Roma.

Por outro lado contaremos con outro programa de dinamización, onde un reporteiro irá polas rúas e comercios asociados buscando dedicatorias dos namorados/-as á súa parella. As dedicatorias serán colgadas na rede e entre todas elas sortearase aleatoriamente unha cea nun establecemento asociado, a elección da persoa afortunada. O noso reporteiro estará nas rúas e comercios os días 13 e 14 de febreiro, o primeiro día de 16:30 a 20:30 horas e o día de San Valentín en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

O sorteo das ceas, tanto das tres ceas polos boletos cubertos en establecementos asociados, como a cea por gravar unha dedicatoria á parella, será o mércores día 18 de febreiro ás 16:00 horas na sede de ACES-CCU, e, como sempre, será aberto a todo aquel que desexe asistir.

3 de febreiro de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.