publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O braseado será a técnica base dos pratos que se elaborarán no 10º Showcooking da Deputación en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo achega estar tarde a Chantada o Showcooking Cociña Autóctona tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro, Begonte, Outeiro de Rei, Foz e Ribadeo. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo organismo provincial, cun dobre obxectivo: potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa, e favorecer o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Nesta ocasión, o local encargado de acoller a clase maxistral de cociña será A Faragulla Winebar, especialista en combinar as brasas como motor de cociña coa precisión das técnicas máis modernas e onde o 70% da súa carta semanal está composta por produtos comarcais do sur da provincia e da costa luguesa. A partir das 17:00 horas, o chef Antonio Lorenzo desvelaralle aos participantes os segredos de cociña que aprendeu durante os seus 30 anos de experiencia coa elaboración in situ dun menú cuxa técnica base será o braseado.

Na masterclass, os participantes aprenderán a elaborar un primeiro prato de crocante de centeo con falso canelón de touciño celta, pisto de cabra e bechamel lixeira; un segundo de pescada á brasa con salsa e un terceiro de polo de curral guisado en forno de brasa ao estilo tradicional con pementos asados. Como sobremesa, Lorenzo optará pola elaboración dun flan de queixo do país con froitos vermellos e garapiñados ao forno de brasa. Un vez rematada a clase, os asistentes catarán o menú preparado.

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, asistirá a este obradoiro que pretende mostrarlle aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se tratará de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos propios de cada zona para impulsar o sector.

Lugo e Guitiriz coa cociña de proximidade

Mañá martes, 24 de febreiro, a Deputación leva o Showcooking Cociña Autóctona á Escola de Hostalería de Lugo, e o xoves 26, ao restaurante Os Mesones de Guitiriz, onde se empregarán, ao igual que o resto da xornadas, produtos autóctonos, principalmente, aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com

23 de febreiro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.