publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda organiza talleres de educación alimentaria nos colexios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Educación, Eva Olmo, informou esta mañá que o Concello celebrará durante a próxima semana talleres de educación alimentaria no colexio público San Isidro e en Maciñeira. Serán sesións de 50 minutos dirixidas a rapaces de 6º de Educación Infantil no primeiro centro e de 5º de Primaria no segundo. Con eles, búscase promocionar entre os máis pequenos hábitos alimentarios saudables e, por iso, a programación dos obradoiros incluirá temas como a hixiene de mans e dental, nutrición ou a actividade “O almorzo prepároo eu”.

Será a través de actividades divertidas, adaptadas ao público infantil. Celebraránse entre o luns 2 de marzo e o venres día 6. No colexio Maciñeira, a partires das 9,20 horas e, en San Isidro, dende as 12,10.

27 de febreiro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.