publicidade hoxe

Neda agradece a colaboración da Asociación de Amas de Casa co Banco Municipal de Alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda quere agradecer a colaboración da Asociación de Amas de Casa co Banco Municipal de Alimentos. Esta mañá, a súa presidenta, Fina Costa, xunto a outras socias da entidade facía entrega de 40 latas de cacao, 80 tabletas de chocolate e máis doce caixas de leite. Unha importante contribución, xa que o Concello entrega, cada mes, unha cesta con productos alimenticios non perecedoiros a aquelas familias con escasos recursos do municipio. A Concellería de Servizos Sociais aproveita a ocasión para lembrar que o Banco de Alimentos está aberto ás entregas de alimentos. Tan só é preciso dirixirse ao departamento municipal (pranta baixa) luns, martes, xoves ou venres de 9 a 13 horas.

10 de febreiro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.