Nace o Galician Film Forum en Londres coa proxección de ‘Encallados’
A comunidade galega en Londres poñerá en marcha o próximo 20 de marzo o Galician Film Forum (GFF), unha iniciativa de difusión do cine galego que se abrirá coa proxección de ‘Encallados’, de Alfonso Zarauza.
O evento, que terá lugar no King’s College London, consistirá na proxección desta longametraxe, así como de dous curtos – ‘Curricán’, de Álvaro Gago e ’1977′, de Peque Varela-. A continuación, os asistentes poderán conversar con Alfonso Zarauza e algúns dos actores de ‘Encallados’, que asistirán por videoconferencia.
O Galician Film Festival conta coa colaboración do Departamento de Estudos Españois, Portugueses e Latinoamericanos do Kings College de Londres e coa participación de Belén Vidal, profesora de Filme Studies desta universidade.