publicidade hoxe

Miño, Paderne e Pontedeume intensifican a súa colaboración ao solicitar un obradoiro de emprego conxunto dirixido a xóvenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiñoPadernePontedeume
A-
A+

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín,  o rexedor de Paderne, César Longo Queijo, e o de Pontedeume, Gabriel Torrente Piñeiro, acordaron solicitar novamente de forma conxunta  as subvencións convocadas pola Consellería de Traballo para o fomento de emprego a través dos programas  mixtos de emprego  e formación da Comunidade autonóma de Galicia para a posta en funcionamento de obradoiros de emprego.

A presentación desta nova solicitude de subvención supón un paso máis na colaboración entre os concellos de Miño, Paderne e Pontedeume, nunha aposta por seguir colaborando e traballando conxuntamente, especialmente no edio da formación para o emprego e pensando no beneficio dos veciños e veciñas

Os tres alcaldes mantiveron unha reunión para avaliar os proxectos comúns actuais e futuros, unha canle que xa iniciaran no pasado ano Paderne e Miño  coa posta en marcha dun obradoiro conxunto que remata este mes de febreiro.

OBRADOIRO “MOCIDADE I”

Os tres alcaldes asinaron a solicitude de subvención para o Obradoiro de Emprego denominado “Mocidade I” que conta cun orzamento total de 262.871,78 €. A iniciativa formativa nesta ocasión abarca as especialidades de “Socorrismo en instalacións acuáticas” e “Socorrismo en espazos acuáticos naturais”, repartindose o alumnado entre ambas, con 15 alumnos-traballadores cada unha.

A finalidade deste obradoiro, dirixido as persoas mozas incluidas no fichero do Sistema nacional de garantia xuvenil, é cualificar profesionalmente aos participantes e favorecer a súa inserción laboral.

PLAN NACIONAL DE IMPLANTACIÓN DA GARANTIA XUVENIL

A este programa poden acollerse xóvenes, non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación, que sexan maiores de 16 años, e menores de 25 (ou menores de 30 anos, para persoas con discapacidade igual ou superior ao33%).

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil deben cumplirse unha serie de REQUISITOS establecidos e DARSE DE ALTA no Sistema. O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ten ºpor finalidade que os xóvenes que cumplan cos requisitos establecidos podan recibir unha oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou período de prácticas, tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

26 de febreiro de 2015 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.