publicidade hoxe

Mellórase a accesibilidade ao centro de saúde de Cedeira cunha rampa na entrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, anunciou esta mañá que o Concello mellorará a accesibilidade ao centro de saúde da vila mediante a construcción dunha rampa de acceso. A infraestructura cubrirá a entrada principal das instalacións sanitarias e, segundo explicou o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, operarios municipais iniciaron esta mesma semana os traballos de construcción. Facilitaráse así a accesibilidade das persoas maiores e a entrada de carriños de bebé e tamén cadeiras de rodas. Nesta liña, Alfredo Vilela engadiu que, se o tempo acompaña, as obras poderían estar rematadas a próxima semana.

Así mesmo, o edil avanzou que, no marco do proxecto Cedeira Zona 30, nos vindeiros días tamén se procederá á construcción dun paso de peóns elevado no entorno do centro de saúde. Unha medida coa que se quere tamén favorecer a mobilidade na zona e incentivar a reducción de velocidade dos vehículos.

18 de febreiro de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.